Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia
26-12-2017
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTO de nivel LARANXA que se iniciará ás 18:00 hora oficial do día 26/12/2017 e que afectará con rachas máximas de 110 km/h ás provincias da Coruña (Noroeste), Lugo (A Mariña) e Ourense (Montaña); con rachas máximas de 100 km/h. ás provincias da Coruña (Oeste e Suroeste), Lugo (Montaña), Ourense (Noroeste e Sur) e Pontevedra (Interior e Miño) e con rachas máximas de 90 km/h ás provincias da Coruña (Interior) e Lugo (Centro). Este episodio rematará a primeiras horas do día 27/12/2017.
Así mesmo, Aemet informa dun fenómeno meteorolóxico adverso COSTEIRO nivel LARANXA
Por ventos do Suroeste rolando a Oeste de forza de 7 a 8. Mar combinada do W de 4 a 6 metros, aumentando na tarde do día 26 a Mar combinada do Noroeste de 5 a 7 metros, que afectará á provincia de A Coruña ( Noroeste e Oeste). Este episodio, que deu comezo ás 12:00 hora oficial do día 26/12/2017, rematará na tarde do día 27/12/2017.
Por ventos do Oeste forza 7 ocasionalmente 8, Mar combinada do Oeste de 4 a 6 metros, pasando a Noroeste de 6 a 8 metros, afectará ás provincias de A Coruña (Suroeste) e Pontevedra. Este episodio comezará ás 18:00 h. oficial do día 26/12/2017 e rematará na tarde do día 27/12/2017.
Por ventos do Suroeste rolando a Oeste de forza de 7 a 8. Mar combinada do W de 4 a 6 metros, aumentando na tarde do día 26 a Mar combinada do Noroeste de 5 a 8 metros, que afectará á provincia de Lugo. Este episodio, que deu comezo ás 12:00 hora oficial do día 26/12/2017, rematará na tarde do día 27/12/2017.