A Comunidade de Montes de Marraxón, Sillobre, conmemorará o Día da Árbore cunha plantación de 100 castiñeiros no Coto do Rei

A Comunidade de Montes de Marraxón, Sillobre, conmemorará o Día da Árbore cunha plantación de 100 castiñeiros no Coto do Rei

O acto é aberto a cidadanía

Este venres, 23 de febreiro ás 10 da maña, a Comunidade de Montes de Marraxón  conmemorará o Día da Árbore cunha plantación de 100 castiñeiros no Coto do Rei, nas inmediacións dos Asentos Máis Duros Do Mundo.


Os protagonistas deste acto son os rapaces e rapazas da Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (ASPANEPS) que participarán e axudarán a plantar os castiñeiros, contando tamén coa colaboración do Concello de Fene. O acto está  aberto tamén a calquera persoa que se queira achegar a plantar castiñeiros ou que desexe traer a súa propia árbore para plantala.


Lembrar que esta plantación será nunha zona que tiña eucaliptos e foron recentemente talados, proseguindo asñi coa campaña desta comunidade por substituir paulatinamente os eucaliptos por outras especies variadas na totalidade do monte comunal, nun camiño cara un espazo natural lúdico, didáctico e atractivo medioambientalmente.