A caseta de Turismo abre as súas portas na Semana Santa

A caseta de Turismo abre as súas portas na Semana Santa

Dende o xoves 29 de marzo e até o domingo 1 de abril as instalacións atenderán a visitantes e veciños na Semana Santa, en horario de mañá e tarde.

A Oficina de Información Turística do Concello de Fene emprazada na Avenida Naturais estará aberta ao público no seguinte horario: De 10:30 a 13:00  h e de 17:00 a 19:00 h.

Coa apertura da oficina de turismo darase un servizo de acollida, orientación e asistencia aos visitantes, facilitándolles información sobre os principais recursos do municipio, e sobre as actividades culturais, artísticas ou deportivas que se desenvolverán no noso concello ou na comarca.

Teléfono: 981 34 40 82

Ligazóns