O Concello convida ó tecido asociativo á presentación da Axenda Online de Fene
10-05-2018
O acto terá lugar hoxe xoves no salón de plenos da Casa do Concello ás 20,30 h
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e o concelleiro de Turismo, Juan José Franco, convidan ó tecido asociativo, sector empresarial e veciñanza do municipio a tomar parte no acto de presentación da Axenda Online de Fene, un espazo na Rede que aglutinará as múltiples e variadas actividades que, entre os preto de cen integrantes da Rede Fene Mar Vivo, se organizan na localidade ó longo do ano.
O obxectivo é dar a coñecer a axenda e lograr a implicación de todos para facer dela unha auténtica ferramenta de promoción do municipio, xa que se nutrirá das
aportacións que realicen as asociacións, entidades, empresas e Concello e, acto
seguido, trasladaranse esas propostas á cidadanía, veciños de Fene e de fóra do
municipio.
Nesta liña, o rexidor destaca o compromiso do Concello por continuar estreitando vínculos co tecido asociativo e empresarial para promover e impulsar accións e iniciativas que leven á cidadanía a ter en Fene unha referencia do seu ocio. Obxectivos nos que afonda o proxecto “Vén a Fene. Fene Vivo”.