Fene activa www.fenevivo.gal, un escaparate único para a promoción de todas as propostas de lecer do municipio
11-05-2018
Cun só click, veciños e visitantes poderán acceder á oferta de actividades que ofrecen Concello, asociacións, entidades e empresas da localidade
Que Fene é un municipio cunha intensa actividade cultural, deportiva e asociativa ninguén o dubida e, agora, o Concello proponse promocionar e difundir esa ampla variedade de propostas de lecer nun escaparate único, accesible e sinxelo para calquer persoa. Ese escaparate único é www.fenevivo.gal. Un portal web que onte á tarde presentaban o alcalde, Gumersindo Galego; os concelleiros de Turismo, Juan José Franco, e de Promoción Económica, César Castro, e Manel Pan, responsable de Abertal, a firma encargada de desenvolver a ferramenta no marco do proxecto que leva o mesmo nome e que financia o Concello con axuda dos fondos do GALP Ártabro Norte. Unha presentación na que tomaban parte representantes do tecido asociativo e sector empresarial do municipio, claves todos eles para lograr o éxito da iniciativa.
Porque son eles, xunto ó Concello, os integrantes da Rede Fene Vivo. Unha rede que surtirá de contidos esta ferramenta xa activa. Un portal limpo, directo e estruturado en tres sinxelos apartados –presentación, calendario de actividades e buscador.
O obxectivo é que calquer persoa da área de influencia do municipio teña no seu móbil ou smartphone a posibilidade de coñecer todo o que pode facer ese día, e nese preciso momento, en Fene. Así mesmo, www.fenevivo.gal tamén se acompaña dunha páxina propia na rede social Facebook e a proposta municipal inclúe non só a promoción das accións que realicen entidades, asociacións e empresas, senón que lles brindará asesoramento na propia organización dos eventos. Para isto, iniciaranse agora unha serie de reunións a título particular con todas aquelas que desexen participar activamente no proxecto.
Ata o momento, xa comezaron as accións de promoción na Rede de actividades como os Cantos de Taberna, a Xuntanza de Palilleiras ou o Encontro