Conferencia sobre o Camiño Inglés a cargo do xornalista Cristóbal Ramírez este venres na Casa da Cultura de Fene
31-05-2018
Con entrada libre, a ponencia dará comezo ás 19 horas
Baixo o título “Onte e hoxe do Camiño Inglés en Inglaterra e nos países nórdicos”, o xornalista e divulgador da ruta xacobea Cristóbal Ramírez ofrecerá unha conferencia este venres, 1 de xuño, na Casa da Cultura de Fene. Dará comezo ás 19 horas e a entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
A ponencia de Ramírez, presidente durante dúas décadas da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago e auténtico experto na divulgación das rutas xacobeas, inclúese no marco do programa de actividades de promoción “Primavera no Camiño Inglés” que impulsa a Deputación provincial en colaboración cos concellos, entre eles Fene.
Por último, o concelleiro de Turismo, Juan José Franco, convida á veciñanza a asistir á charla sobre o Camiño.