O Concello inicia os traballos de limpeza das cunetas en todos os camiños municipais
01-06-2018
O alcalde, Gumersindo Galego, sinala que se actuará ó longo de 22 kms
O alcalde, Gumersindo Galego, avanzou esta mañá o inicio dos traballos de limpeza das cunetas de todos e cada un dos camiños de titularidade municipal. Isto é, actuarase ó longo de 22 quilómetros de viais. Para iso, destinaranse tres operarios, que se valerán dunha pala e un camión. Cunha duración estimada das tarefas dun mes, os traballos requerirán dun investimento duns 27.000 euros.
Unha vez concluídas as labores de desbroce, o rexidor sinala que se limparán agora as cunetas, retirando residuos e terra acumulados ó longo do tempo co conseguinte perigo de obstrución. Sinalou tamén que estes traballos se estenderán a todas as parroquias recuperando así unha actuación integral que non se realizaba dende 2014.