O Concello convida á veciñanza á presentación da guía de lecer “Vén a Fene”
04-07-2018
O acto terá lugar este xoves ás 16,30 horas no salón de plenos da consistorial
Presentación Fene Vivo
O salón de plenos da casa consistorial de Fene albergará mañá xoves, 5 de xullo, o acto de presentación da guía de ocio “Vén a Fene”, na que se recollen todas e cada unha das propostas e actividades que, entre xullo e decembro, se desenvolverán nas diferentes parroquias do municipio, organizadas por Concello e tecido asociativo. O acto dará comezo ás 16,30 horas e nel intervirán o alcalde, Gumersindo Galego, e os concelleiros de Promoción Turística, Juan José Franco, e Promoción Económica, César Castro.
Dende o Concello convídase a veciñanza e asociacións a tomar parte no mesmo.