O Concello pavimenta e dota de iluminación o camiño da Ribeira de Barallobre ata a estrada da Palma
A Concellería de Servizos dá cumprimento así á demanda veciñal
16-07-2018
O Concello de Fene, a través da Concellería de Servizos, vén de concluír as obras de acondicionamento do camiño da Ribeira de Barallobre ata a estrada da Palma. O alcalde, Gumersindo Galego, explica que os traballos contemplaron a pavimentación do camiño, ata ese momento de terra, e tamén a dotación de alumbrado público, do que carecía o vial, instalándose catro puntos de luz.
Os traballos contaron cun orzamento de 7.260 euros procedentes de fondos municipais e realizáronse nun treito duns 150 metros, vía de paso para os veciños e veciñas da zona. Precisamente, con esta intervención o Concello dá cumprimento a unha demanda veciñal.