Curso formativo gratuíto para persoas en situación de desemprego

Curso formativo gratuíto para persoas en situación de desemprego

Baixo o título “Manexo de cultivo ecolóxico de mazá”, está impartido por Unións Agrarias-UPA na modalidade a distancia

Dende Unións Agrarias–UPA estase a impartir, na modalidade a distancia, o curso “Manexo de cultivo ecolóxico de mazá”. Este curso ten unha duración de 100 horas, é totalmente gratuíto e vai dirixido a persoas en situación de desemprego.


Este curso enmárcase dentro do proxecto REDNAMAN que leva a cabo Unións Agrarias-UPA a través do Programa Empleaverde. O Programa Empleaverde do
Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente é a iniciativa da
Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo ( FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.


As persoas interesadas na formación poden contactar con Unións Agrarias-UPA a
través do correo-e: formacion.unions@upa.es ou no teléfono: 981 530 500

Descargas