O Concello adxudica por 60.967 euros as obras de mellora da rede de abastecemento e saneamento no camiño do Cádavo ás Chancas
02-08-2018
As obras contemplan a sustitución da rede de abastecemento, a instalación dunha condución de augas pluviais e reposición do pavimento
Gumersindo Galego, avanzou esta mañá que o Concello vén de adxudicar o contrato das obras de mellora do Camiño do Cádavo ás Chancas. Unha intervención incluída no POS 2017 da Deputación provincial da Coruña que requerirá dun investimento de 60.967,77 euros.
A actuación, segundo explicou o alcalde, levarase a cabo nun tramo de 235 metros de lonxitude en tramos de tres rúas: a rúa Río Cádavo, a Rúa Baixa e a Rúa das Chancas. En esencia, as obras contemplan a sustitución da rede de abastecemento e a instalación dunha condución de augas pluviais para evitar a circulación destas libremente sobre a calzada. Completaranse ademáis coa reposición do firme, a reposición de rexistros e tapas á nova rasante e tarefas de sinalización mediante pintado.
O prazo de execución establecido no contrato é de tres meses.