Homenaxe a Ramón Souto, último alcalde da República, esta tarde en Fene
16-08-2018
O acto institucional celebrarase ás 19 horas na praza que leva o seu nome
O Concello de Fene celebrará esta tarde, a partir das 19 horas, un acto de homenaxe e lembranza a Ramón Souto, o último alcalde da República, fusilado xunto a outros membros da corporación en 1936. O acto terá lugar na antiga praza da casa consistorial, hoxe bautizada co nome do ex alcalde en recoñecemento e memoria da súa figura.
No acto, aberto á participación de toda a veciñanza, tomará a palabra Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume, deputado provincial e neto dun dos concelleiros fusilados xunto a Ramón Souto.