O Concello adxudica a primeira fase das obras de aglomerado do camiño do Buio
20-08-2018
Investiranse 38.765 euros na intervención que se iniciará con cargo ó PEIM 2017
O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá da adxudicación da primeira fase das obras de acondicionamento do camiño do Buio, na parroquia de Sillobre, por importe de 38.765 euros. Unha intervención que se realizará con cargo ó PEIM 2017 da Axencia de Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
Segundo explicou Galego, nas últimas semanas o Concello acelerou a tramitación para evitar a perda dos fondos. Lembrou que a Xunta notificaba en maio de 2017 a concesión da achega, aínda que no mes de abril de 2018 a intervención aínda non se sacara a contratación e a pesares de que tiña que estar xustificada en setembro.
Tras pechar o proceso de contratación, as obras iniciaranse de inmediato. Consistirán no asfaltado e pintado do primeiro tramo do vial, de 1.130 metros de lonxitude e catro de ancho.
A actuación completarase coa segunda fase, en contratación e a financiar con cargo ó PEIM 2018.