O Concello pon en marcha un novo servizo especial de recollida de voluminosos

O Concello pon en marcha un novo servizo especial de recollida de voluminosos

Habilita o número de teléfono 673 787 170 para notificar os depósitos

O Concello de Fene vén de poñer en marcha un novo servizo especial de recollida de voluminosos, que se suma ó que viña prestando ata o momento. Neste caso, está ideado para depósitos especiais, de elevadas
cantidades de enseres e a recollida realizarase na data que o veciño ou veciña notifique. Para esa comunicación, o Concello habilitou o teléfono de atención 673 787 170, operativo de luns a venres de 9,30 a 13 e de 16 a 19,30 horas.
Así mesmo, mantense o servizo habitual, que establece as recollidas os mércores á tardiña nas parroquias de Fene, Perlío e San Valentín e os xoves en Barallobre, Limodre, Magalofes, Maniños e Sillobre. Servizo que non precisa de notificación previa, xa que os vehículos realizan as rutas de igual modo.
Nesta liña, o Concello constatou nos últimos meses o depósito de residuos neses puntos de recollida fóra das horas sinaladas e, máis concretamente, ó pouco tempo do paso dos vehículos. Uns feitos que está a investigar a Policía Local para tentar identificar ás persoas responsables. En todo caso, dende o Concello apélase ó civismo e a recurrir ós servizos habilitados.