O Concello inicia as obras de mellora da rede de abastecemento e instalación dunha condución de pluviais no Camiño do Cádavo ás Chancas
30-08-2018
A intervención conta cun investimento de 60.967,77 euros
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá do inicio das obras de mellora do Camiño do Cádavo ás Chancas. Unha intervención incluída no POS 2017 da Deputación provincial da Coruña que contempla un investimento de 60.967,77 euros.
A actuación, segundo explicou o alcalde, estase a levar a cabo nun tramo de 235 metros de lonxitude en tramos de tres rúas: a rúa Río Cádavo, a Rúa Baixa e a Rúa das Chancas.
En esencia, as obras contemplan a sustitución da rede de abastecemento e a instalación dunha condución de augas pluviais para evitar a circulación destas libremente sobre a calzada. Completaranse ademáis coa reposición do firme, a reposición de rexistros e tapas á nova rasante e tarefas de sinalización mediante pintado. O prazo de execución establecido no contrato é de tres meses.