O Concello conclúe o aglomerado da rúa Alta tras un investimento de 44.000 euros
30-08-2018
Os traballos, realizados nun treito duns 600 metros, remataron esta semana
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou do remate dos traballos de acondicionamento da rúa Alta, en Perlío.
Nelas investíronse uns 44.000 euros e consistiron fundamentalmente no aglomerado da vía, a dotación de pasos peonís sobreelevados cos que tentar reducir a velocidade dos vehículos e reforzar a seguridade vial e traballos de sinalización horizontal e vertical.
A obra levouse a cabo na citada rúa dende o cruce coa Avenida de Tarrío e ata a Rúa Travesa, un treito duns 565 metros cun ancho de seis. Segundo explicou o alcalde, os traballos tentaron dar resposta ó avanzado estado de deterioro da vía, sobre a que non se actuaba dende había tempo. Trátase dunha rúa, ademáis, cun índice intenso de tráfico dada a súa cercanía ó colexio Jorge Juan e ó CEIP Centieiras.