Xunta e Concello supervisan as obras de impermeabilización que se están a executar na cuberta do CEIP O Ramo
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou está mañá o centro xunto ó alcalde de Fene, Gumersindo Galego
05-09-2018
Acompañado do alcalde, Gumersindo Galego, e outros concelleiros e concelleiras da corporación, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, supervisou esta mañá o avance das obras que está executando a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no CEIP O Ramo de Fene para acometer o cambio a impermeabilización da cuberta plana, que se suma ós investimentos que está realizando o propio Concello de Fene para dotar dun novo comedor ó centro, entre outras melloras.
A esta obra únense ás que se están facendo a Xunta no CEIP de Centieiras de cambio de ventás do ximnasio e a reforma da cuberta dos talleres no IES de Fene.
O delegado territorial subliñou que a Xunta “realiza un constante seguimento das necesidades dos centros educativos e programa de obras de reforma e conservación para manter as instalacións nas mellores condicións para o desenvolvemento da actividade lectiva”.