Fene, xunto a Ares, Mugardos, Neda e Cabanas, impartirá o obradoiro de emprego INICIA III dirixido a mozos e mozas
Ofértanse 16 prazas, a inscrición está aberta para a veciñanza de Fene no Centro de Formación e Emprego “Pancho Allegue” e celebrarase de setembro a marzo
06-09-2018
O Concello de Fene xunto cos municipios de Ares, Mugardos, Neda e Cabanas impartirá, entre os meses de setembro e marzo, o obradoiro de emprego INICIA III subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Conta con 16 prazas e trátase dun programa mixto de formación e colocación dirixido a mozos e mozas empadroados nun dos cinco concellos sinalados e que estean rexistrados no programa de garantía xuvenil. A especialidade formativo ocupacional que se vai a impartir é “Fábrica e montaxe de instalación de tubería industrial”, curso de nivel 2 que require estudos de ESO ou equivalente. Así mesmo, tamén é requisito imprescindible para poder acceder a este programa ser maior de 18 anos.
Dende a concellería que dirixe Juan José Franco lémbrase que a inscrición neste rexistro é un requisito indispensable para poder participar no obradoiro e que para formalizala debe accederse ó seguinte enlace: http://www.empleo.gob.es/gl/garantiajuvenil/home.html. Así mesmo, para inscribirse no programa de garantía xuvenil é preciso estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español; ter máis de 16 anos e menos de 30, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil; non estar realizando accións formativas nin educativas e presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.
As persoas interesadas en incribirse ou obter máis información poden dirixirse á Área de Formación e Emprego “Pancho Allegue” do Concello de Fene (Avda. do Concello s/n) ou facer as súas consultas a través do teléfono 981 492 767 ou correo orientacion.laboral@fene.gal.