Arrancan os cursos gratuítos de uso e manexo do móbil en Barallobre e Limodre organizados por INICE e Concello

Arrancan os cursos gratuítos de uso e manexo do móbil en Barallobre e Limodre organizados por INICE e Concello

Está aberto o prazo de inscrición na acción formativa Informática, nivel avanzado, que arrancará o vindeiro 15 de outubro

I.N.I.C.E., Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas, con sede central en Salamanca, en colaboración co Concello de Fene puxo en marcha esta semana novos obradoiros de balde orientados ao uso e manexo do teléfono móbil e aplicacións básicas. Así, o pasado mércores, un total de 22 persoas iniciaban na Liga de Amigos de Barallobre o curso, namentras que onte, xoves, outras 20 persoas facían o propio na Asociación Veciñal de Limodre.


Así mesmo, INICE e Concello lembran que o próximo 15 de outubro dará comezo un novo curso de Informática, nivel avanzado, na Aula de Cultura, de 10 a 12 horas, os luns ata cubrir as 20 horas de duración. Ofértanse dez prazas e as persoas interesadas poden inscribirse chamando ó teléfono 646 385 736. O obradoiro, gratuíto, está dirixido principalmente a mulleres e está subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade do Goberno de España.