O Concello adxudica a segunda fase das obras de mellora do Camiño do Buio
Cun orzamento cercano ós 38.000 euros a financiar con cargo ó PEIM 2018, a actuación deberá estar concluída antes do 15 de novembro
08-10-2018
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá da sinatura do contrato da segunda fase das obras de acondicionamento do camiño do Buio. Unha intervención orzamentada en 37.995,89 euros que se financiará con cargo ó PEIM 2018 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –Agader-, e que debe estar rematada antes do 15 de novembro.
A intervención, que contempla o aglomerado e pintado da vía ata Rabadeña, dá continuidade á primeira fase, executada en agosto tras un investimento de 38.765 euros –tamén con cargo ó PEIM, pero de 2017-.