Ampliación de horarios e servizo especial de transporte ó cemiterio municipal con motivo do Día de Todos os Santos e Día de Defuntos
29-10-2018
O Concello informa de que o camposanto permanecerá aberto de 8 a 22 horas, en horario ininterrompido, durante as dúas xornadas
Con motivo do Día de Todos os Santos e o Día de Defuntos, o Concello de Fene informa da ampliación de horarios do cemiterio municipal, así como a posta en marcha dun servizo de transporte especial. En primeiro lugar, o camposanto permanecerá aberto o 1 e 2 de novembro, xoves e venres, de 8 a 22 horas, de forma ininterrompida. Así mesmo, o xoves día 1, infórmase que se oficiará unha misa ás 18 horas na capela sita no interior do recinto.
Na mesma liña, o servizo de transporte especial realizarase conforme ás seguintes datas e horarios: o mércores, 31 de outubro, en horario de mañá, e o o xoves 1 de novembro, e venres día 2, de mañá e de tarde. No horario de mañá, a saída está prevista do cuartel da Garda Civil ás 10 horas e o regreso estímase ás 12 horas. No horario de tarde, a saída, do mesmo punto, será ás 17 horas e o regreso ás 19 horas.