Arrancan as obras de mellora do firme e sinalización no polígono de Vilar do Colo
Os concellos de Cabanas e Fene impulsan a intervención cunha achega procedente da Consellería de Economía da Xunta de Galicia
05-11-2018
Os Concellos de Cabanas e Fene iniciaron estes días unha actuación conxunta de mellora da rede viaria no polígono industrial de Vilar do Colo. Unha intervención adxudicada nuns 100.000 euros que os dous concellos financiarán ó 95% cunha achega procedente da Consellería de Economía. A Xunta daba o visto bo ó proxecto presentado por ambos concellos, que contempla a mellora do firme e a dotación de nova sinalización, vertical e horizontal.
Máis en concreto, a actuación estase a realizar no tramo do polígono comprendido entre as dúas rotondas situadas na Avenida de Astano (a ubicada na intersección da mesma avenida coa rúa Mareira de Cabanas e a rúa Cataventos de Fene e a emprazada no acceso dende a N651).