O Concello de Fene procede ó asfaltado do camiño do Rego da Moa
21-11-2018
Os traballos executados pola Concellería de Servizos requeriron dun investimento duns 16.000 euros financiados con fondos propios
O Concello de Fene informou esta mañá do remate dos traballos de acondicionamento do camiño do Rego da Moa. Uns traballos orzamentados en 16.000 euros e financiados con fondos propios que permitiron convertir un vial de terra en moi precario estado nun camiño asfaltado. Así, a intervención mellorará sen dúbida a mobilidade dos veciños e veciñas dunhas dez vivendas que teñen nesta vía a súa única forma de comunicación cara a estrada N-VI. Tamén dos numerosos peregrinos que percorren o Camiño Inglés ó seu paso por Fene, xa que un tramo do camiño está incluído no mesmo.
Os traballos leváronse a cabo na totalidade do camiño, duns 500 metros.