O Concello apoia o labor do movemento asociativo coa concesión de subvencións nominativas por valor de 36.300 euros

O Concello apoia o labor do movemento asociativo coa concesión de subvencións nominativas por valor de 36.300 euros

O alcalde, Gumersindo Galego, asinou os respectivos convenios de colaboración coas entidades e asociacións do municipio

Coa recente entrada en vigor do orzamento municipal para o 2018, o primeiro aprobado nos últimos tres anos, o Concello de Fene acordaba a concesión das subvencións nominativas a diferentes entidades e asociacións do municipio. Subvencións que, en suma, ascenden a 36.300 euros. E, o pasado venres, o alcalde, Gumersindo Galego, asinaba os respectivos convenios de colaboración cos representantes das entidades e asociacións nun acto celebrado na casa consistorial.


Nesta liña, o rexidor destacou que, con estas axudas, o Concello tan só busca apoiar a importante labor que desenvolve o tecido asociativo, tanto no ámbito cultural como deportivo e educativo.


A relación de beneficiarios é a seguinte: ANPA Centieiras -2.000 euros- e ANPA Os Casais -1.000 euros- para contribuír ó mantemento e funcionamento dos respectivos comedores escolares; Os Centolos -8.000 euros- pola organización do FeneRock; AC Felicia -8.000 euros- pola organización do Felicia Pop Festival; Airiños de Fene -4.500 euros- pola organización da Xuntanza de Gaiteiros; ACRD O Pote -3.000 euros- pola organización da Romaría do Pote; CMI Unidade Fene -2.500 euros- pola organización do premio Pérez Parallé; Escudería Scratch Fene -2.200 euros- pola organización do Slalom Fene; Agarimo de Sillobre -1.600 euros- pola organización do Encontro de Lavandeiras; as AVV de Magalofes, AVV de Limodre e ACRD Liga Amigos, cada entidade cunha achega de 1.000 euros, pola organización da Festa do Poldro, Festa da Orella e Romaría Camiñante, respectivamente; e a ACRD O Pote -500 euros- pola organización da Festa da Ameixa.