Novos berces Montessori para os pequenos e pequenas da Escola Infantil de Perlío

Novos berces Montessori para os pequenos e pequenas da Escola Infantil de Perlío

A Concellería de Servizos tamén mellorou o aparcadoiro para carriños coa instalación dunha mampara que protexe estes elementos

O Concello de Fene dotou de novos berces á Escola Infantil de Perlío. Uns berces Montessori deseñados a partir dos bocetos trasladados polas educadoras do centro e baseados no modelo educativo ideado pola educadora e médica María Montessori para promover a autonomía dos máis pequenos e pequenas. Unhas infraestruturas ás que poden acceder eles mesmos para conciliar o sono cando así o precisen.


Cada un dos berces ten capacidade para tres colchonetas individuais, polo que o seu uso é colectivo e son aptos para nenos e nenas de cero a tres anos.


Así mesmo, o Concello, a través da Concellería de Servizos, vén de mellorar tamén o aparcadoiro para carriños habilitado no exterior do centro coa colocación dunha mampara que protexe e resgarda da choiva estes elementos.