O Concello propón vir a San Valentín este sábado para participar nunha sesión vermú co grupo “Los Bitch Boys”

O Concello propón vir a San Valentín este sábado para participar nunha sesión vermú co grupo “Los Bitch Boys”

A cita arrancará ás 14 horas no CPS San Valentín, con entrada de balde

Arranca a programación de “Vén a Fene” este sábado, 16 de febreiro. O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, convida a veciños e visitantes a disfrutar en San Valentín da sesión vermú organizada polo Concello de Fene, en colaboración coa asociación Centolos, no marco das festas patronais do barrio. Arrancará ás 14 horas no CPS e contará coa actuación estelar do grupo “Los Bitch Boys”. A entrada é libre e gratuíta.


Maikel Rodeiro, Colás Lage e Cabe García integran a formación musical e o obxectivo que se marcan para este sábado é poñer a bailar a todo o mundo coas mellores versións dos clásicos da música española dos anos 70 e 80.


Ademais, e sen saír do barrio, o edil avanzou que a partir do luns 18 e ata o sábado 23 o CPS de San Valentín albergará unha mostra de pintura da artista local Ana Basoa, incluída tamén no programa municipal “Vén a Fene”. Estará a disposición do público en horario de 9 a 15 e de 17 a 22 horas