O pleno do Concello de Fene aproba a súa adhesión ao Pacto de Alcaldes Polo Clima e a Enerxía

O pleno do Concello de Fene aproba a súa adhesión ao Pacto de Alcaldes Polo Clima e a Enerxía

A adhesión implica asumir os obxectivos adoptados pola UE para frear o cambio climático, adoptando as medidas necesarias para reducir, de aquí ao 2030, un 27% do consumo enerxético e un 40% as emisións de CO2

O Concello de Fene ven de acordar en pleno a súa adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, asumindo así os compromisos da Unión Europea en materia de clima e enerxía para o ano 2030. O Pacto foi lanzado en Europa no ano 2008, e implica xa a case 8.000 autoridades locais pertencentes a 57 países de todo o mundo, está coordinado en Galicia pola Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.


Ademais, coa adhesión ao Pacto, o Concello de Fene contribúe á consecución da Axenda 2030, un chamamento universal desenvolvido polas Nación Unidas para acadar un mundo máis xusto e sustentable. Esta folla de ruta concrétase en 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.


A adhesión ao Pacto dos Alcaldes implica a adopción dun Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible que inclúe medidas para o freo do cambio climático, consistentes na reducción de consumos enerxéticos e a substitución de enerxías fósiles por renovables, reducindo así a pegada de carbono do municipio. Estas medidas aplicaranse sobre edificios, instalacións, equipamentos e o transporte, tanto público como privado, e nos ciclos de tratamento de aguas residuais e dos residuos sólidos urbanos.


Ademáis, o Plan de Acción implica o deseño de medidas de adaptación ao cambio climático, preparando así ao concello de Fene para facer fronte aos riscos e vulnerabilidades aparellados a este proceso. O concello ten un prazo de dous anos, contado a partir da data do acordo municipal de adhesión ao Pacto, para aprobar este Plan de Acción. Despóis, cada dous anos, terá que dar conta dos seus avances na procura dos obxectivos previstos para o 2030.
Para acompañar tanto a elaboración do Plan de Acción como da súa implementación, o concello contará co apoio da oficina técnica do Pacto dos Alcaldes, posta a disposición dos 313 concellos galegos pola Direccion Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Esta oficina, a través do Centro de Asistencia aos Concellos e do Observatorio de Fondos e Convocatorias, realizará un asesoramento personalizado ao Concello de Fene, tanto na elaboración do Plan de Acción como na súa implementación.


Con este paso, o Concello de Fene intégrase no maior movemento mundial de autoridades para a loita contra o cambio climático