O Concello de Fene acondiciona os pasos elevados sobre a vía do tren no Ramo e na antiga estación de Perlío

O Concello de Fene acondiciona os pasos elevados sobre a vía do tren no Ramo e na antiga estación de Perlío

O alcalde, Gumersindo Galego, avanza o remate das intervencións, coas que se buscaba reforzar a seguridade vial dos veciños e veciñas

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate dos traballos de acondicionamento e mellora dos pasos elevados sobre a vía do tren na antiga estación de Perlío, en Antonio Montero, e tamén na zona do Ramo.


Explicou que as varandas estaban moi deterioradas pola falla de mantenemento dos últimos anos e, nalgúns casos, nin sequera era posible o arranxo soldándoas. Por iso, o Concello procedeu á construción de varios tramos novos que subtituíron a estes. Así mesmo, realizáronse traballos de pintado das infraestruturas.


Deste xeito, o alcalde sinala que se reforzou a seguridade dos usuarios tanto no Ramo, zona de cruce habitual para moitos nenos e nenas que acuden ao centro educativo, como en Perlío en dirección á Torre.