Os estudantes do IES Fene sacan o seu talento musical á rúa

Os estudantes do IES Fene sacan o seu talento musical á rúa

Máis dun centenar de alumnos e alumnas do centro, capitaneados pola súa profesora Bárbara Mourelo, tocarán este martes na praza do Alcalde Ramón Souto González no marco da iniciativa “Musiqueando”

Máis dun centenar de alumnos e alumnas do IES Fene sairán á rúa este martes 9 de abril para desplegar todo o seu talento creativo e musical e compartilo con veciños e veciñas. Sobre as 11 horas acudirán á praza do Alcalde Ramón José Souto González, contigua á casa consistorial, para amosar o aprendido nas aulas coa profesora de música Bárbara Mourelo e ofrecer os seus mini concertos. Unha anovadora iniciativa incluída no proxecto “Musiqueando”, co que colabora o Concello de Fene a través da Concellería de Ensino que dirixe Ana Novo.


As diferentes actuacións musicais sucederanse por espazo de dúas horas, ata as 13 h, e correrán por conta do alumnado da ESO e Bacharelato. Así mesmo, en caso de choiva, tal e como apuntan as previsións, os concertos trasladaríanse ao interior do salón de plenos da Casa do Concello.


Por último, desde a Concellería de Ensino anímase á veciñanza a acudir á cita e disfrutar do talento dos máis novos de Fene, reeditando o éxito de público alcanzado o pasado curso.