O Concello abre o prazo para que os locais de hostalería se apunten ao XII Concurso de Tapas

O Concello abre o prazo para que os locais de hostalería se apunten ao XII Concurso de Tapas

O certame busca promover e dinamizar a actividade do sector, fomentando a especialización das tapas e consolidando o tapeo tradicional

O Concello de Fene, a través da Concellería de Promoción Económica, vén de abrir o prazo de inscrición para participar no XII Concurso de Tapas de Fene. Así, os establecementos de hostalería interesados poden anotarse no Rexistro Xeral do Concello ata o día 17 de abril (incluído).


Co certame, o Concello busca promover e dinamizar a actividade da hostalería, fomentando a especialización e a mellora da calidade das tapas así como consolidar o tapeo tradicional.

Así, o concurso desenvolverase do 2 ao 12 de maio, xoves e venres de 20 a 22,30 horas; sábados de 13 a 15 h e de 20 a 22,30 h e, os domingos, de 13 a 15 horas. Así mesmo, haberá dúas categorías: tapa tradicional e tapa creativa.


As bases do certame poden consultarse no enlace aquí achegado.

Descargas