Presentación da XXV Festa da Orella este domingo coa actuación de Blues do País

Presentación da XXV Festa da Orella este domingo coa actuación de Blues do País

O acto, con entrada de balde, terá lugar no local da AVV de Limodre a partir das 13,30 horas no marco do programa municipal “Ven a Fene”

O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, informou esta mañá que o programa municipal “Ven a Fene” continuará este domingo 14 de abril en Limodre. No local social da AVV, e a partir das 13,30 horas, celebrarase o acto de presentación da XXV edición da Festa da Orella –Gastrofesta-. Daranse os detalles dun certame gastronómico consolidado xa no calendario festivo comarcal e o público poderá disfrutar tamén da actuación estelar do grupo “Blues do País”.


Un grupo formado por Bieitta James e Pepe King que interpreta música blues. A súa reinterpretación de clásicos como Sitting on the dock of the bay (Sentadiña no pantalán), I just want to make love to you (Mirarche o cu), Killing me softly (Mátasme amodo) ou Mercedes Benz (Chimpín) non deixa a ninguén indiferente. Eles amosan que é posible facer blues no idioma do país. Extraer o soul dos cultivos de millo, como se fixo en tempos pasados nos campos de algodón no outro lado do charco.