O Concello celebra sábado a Xuntanza de Palilleiras e outras labores tradicionais

O Concello celebra sábado a Xuntanza de Palilleiras e outras labores tradicionais

Centenares de palilleiras chegadas de toda Galicia amosarán a súa técnica e traballo no pavillón de San Valentín durante todo o día

O Concello de Fene, a través da Concellería de Promoción Económica, organiza este sábado, 27 de abril, a tradicional Xuntanza de Palilleiras e outras labores tradicionais. A día de hoxe, máis de 400 palilleiras de diferentes localidades da xeografía galega teñen confirmada a súa asistencia á cita, que dará comezo ás 10,30 horas coa apertura do pavillón da Xunqueira, en San Valentín, e a recepción aos participantes. Así mesmo, a inauguración da xuntanza está prevista para as 11,30 horas e, a partir dese momento, o público asistente poderá comprobar a depurada técnica e traballo de palilleiras de todas as idades.


Así mesmo, uns 30 postos de venda de artesanía instalaranse tamén no pavillón. O programa da xuntanza inclúe outras actividades complementarias, como a actuación das escolas de Airiños de Fene (ás 12,30 horas), ou o sorteo de agasallos (18 h).


O encontro desenvolverase en horario de mañá ata as 14 horas e de tarde, de 16 a 19 horas, e convertirá a Fene en capital galega dos bolillos. A cita está organizada pola Concellería de Promoción Económica de Fene e nela colaboran a Asociación de Veciños San Xurxo de Magalofes, o CPS San Valentín, a Asociación Veciñal de Sillobre, a AVV de Limodre, a ACDR Liga Amigos de Barallobre e a banda de gaitas Airiños de Fene.