A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Perlío e Maniños o 1 de xuño
24-05-2019
A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase o vindeiro 1 de xuño a Perlío e Maniños. Así, en Perlío estará na praza da Escola –diante da Asociación de Veciños- de 10 a 12 horas, namentras que en Maniños estará diante da entidade bancaria de 12,30 a 15 horas. Dende o Concello, anímase á veciñanza a tomar parte na campaña de doazón.
A doazón é un acto cómodo, sinxelo e que non perxudica a saúde, permitindo a
moitas persoas resolver graves problemas de saúde e mesmo salvar a súa vida.
Para doar sangue só é preciso ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e
non padecer nin ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue (hepatites B ou C, sífilis ou SIDA).
Antes da doazón, un profesional médico do Centro de Transfusión de Galicia verifica o cumprimento destes requisitos, e realiza unha breve entrevista confidencial para descartar calquera aspecto que puidera impedir a doazón. A
doazón, que só dura uns cinco minutos e na que o material utilizado é estéril e
dun só uso, permite obter 450 ml de sangue que, posteriormente, son divididos
en tres compoñentes: plaquetas, plasma e glóbulos vermellos. Os compoñentes
sanguíneos adoitan empregarse por separado polo que, cunha única doazón de
sangue, o doador colabora coa recuperación de tres enfermos.