Andaina este domingo en Fene no 11º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica de Por+Vida

Andaina este domingo en Fene no 11º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica de Por+Vida

ArrIncará ás 10,30 horas da praza do Alcalde Ramón Souto González

No 11º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica, Por+Vida organiza este domingo 16 de xuño unha Andaina dirixida a toda a veciñanza. Con ela, recadaranse fondos para a investigación contra o cancro e, na mesma, colabora o Concello de Fene.


Partirá ás 10,30 horas da praza do Alcalde Ramón Souto González, aínda que ás 10 horas está prevista a recollida de dorsais para as persoas participantes. O percorrido é apto para todas as idades e condicións físicas e estímase nunha hora. Así, sobre as 11,30 horas está prevista a celebración dunha xincana para os máis pequenos da casa e entrega de premios. Unha hora máis tarde, e para continuar co ámbito festivo, a asociación convidará ao público asistente a disfrutar de diferentes actuacións musicais, que precederán ao remate da xornada, na que se anuncian sorpresas.


Unha cita á que está convidada toda a veciñanza.