O Concello acondiciona o inmoble dos vestiarios da pista de Magalofes e realiza traballos de mellora en 4 parques infantís

O Concello acondiciona o inmoble dos vestiarios da pista de Magalofes e realiza traballos de mellora en 4 parques infantís

O alcalde sinala que se destinaron preto de 40.000 euros ás obras

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate das obras de acondicionamento e mellora do edificio anexo á pista polideportiva de Magalofes e a adecuación de 4 áreas de xogo infantil (Plaza do Ameneiral en Perlío; plaza 10 de Marzo en San Valentín, Rosalía de Castro en Perlío, e parque da Hortiña en Limodre). Nesta liña, o rexidor explicou que, no seu conxunto, as intervencións contaron cun orzamento de 38.193,64 euros, incluído no Plan de Acción Social (PAS).


Gumersindo Galego xustificou a intervención nas instalacións da pista deportiva no seu estado de abandono e deterioro, con preto de 40 anos de antigüidade. O inmoble que alberga os vestiarios contaba ata a data con numerosos desperfectos, tanto nas carpinterías da fachada principal como nas fiestras, con cristais rotos e, no interior, producíanse entradas de auga.

Ademais, tampouco tiña alumbrado, a consecuencia de sucesivos roubos do cableado eléctrico e máis o da acometida xeral da parcela. Por todo isto, o alcalde explicou que a actuación contemplou en primeiro lugar a reposición do cableado e instalacións para restablecer o suministro eléctrico. Tamén a renovación da carpintería da fachada principal do inmoble (tanto portas como fiestras, en aluminio e con vidro de seguridade) e a instalación de reixas de aceiro para a súa protección exterior. No interior, tratouse a superficie e aplicouse pintura plástica anti moho, repuxéronse algúns elementos en mal estado (grifos, alcachofas…) e renováronse todas as luminarias por LEDs.

Por último, dotouse a pista dun xogo de postes de tenis en aluminio.


En relación ás zonas de xogo infantil, o alcalde apuntou que se realizaron diferentes actuacións de mellora e reparacións puntuais segundo o caso, dende renovacións parciais do chan ata a subtitución de elementos de xogo ou colocación de novos elementos.