O Concello conclúe as obras de acondicionamento das rúas Peirao e Hortelá
20-08-2019
O alcalde, Gumersindo Galego, realizou unha visita de fin de obra ás intervencións, nas que se investiron 62.590 euros con cargo ao POS+2018
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate das obras de acondicionamento das rúas Peirao e Hortelá, na parroquia de Perlío. Explicou que nas mesmas investíronse un total de 62.590 euros, que se financiaron con cargo ao POS+ 2018 da Deputación provincial.
Na rúa Peirao actouse nun treito de 280 metros de lonxitude comprendido entre a rúa Hortelá á altura do cruce coa rúa Xunqueira ata o Hostal Allegue, namentras que na rúa Hortelá a actuación extendeuse entre a rúa Peirao ata a casa reitoral de Perlío, sumando 380 metros.
No primeiro caso os traballos contemplaron a pavimentación e sinalización vertical e horizontal da vía. No segundo, a maiores do acondicionamento do firme, a construción de beirarrúas e novos pasos de peóns sobreelevados.