O Concello conclúe a pavimentación de tres camiños municipais no Penedo, na parroquia de Barallobre
23-08-2019
O alcalde, Gumersindo Galego, explica que a intervención contou cun orzamento de 45.899,99 euros e financiouse con cargo ao remanente
O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate das obras de pavimentación de tres camiños municipais no Penedo, na parroquia de Barallobre. Máis concretamente, a rúa Casal do Sandulfe, a Rúa Monte da Cancela e a rúa Casal Pereira. A intervención requeriu no seu conxunto 45.899,99 euros e financiouse con cargo ao superávit municipal.
O alcalde xustificou os traballos no avanzado estado de deterioro do firme dos tres viais derivado do paso do tempo e os escasos traballos de conservación.
Deste xeito, amáis das labores de pavimentación, a actuación contemplou tamén o pintado das vías e a instalación da necesaria sinalización vertical. Máis polo miúdo, o Concello actuou ao longo de 275 metros na rúa Casal do Sandulfe; 120 metros en rúa Monte da Cancela, e 108 metros na rúa Casal Pereira.