O Concello conclúe as obras de reforma integral do parque A Hortiña, en Limodre
23-08-2019
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, explicou que a Administración local investiu preto de 48.000 euros na mellora das instalacións
O alcalde, Gumersindo Galego, informou do remate das obras de reforma integral do parque A Hortiña, na parroquia de Limodre. Unha intervención que contou cun orzamento de 47.882,27 euros e contemplou actuacións de mellora na zona de xogos, na de barbacoa e picnic,e no palco.
Nesta liña, o alcalde explicou que no recinto instalouse un portal de acceso, do que carecía ata a data, e acondicionouse o aparcadoiro, delimitando plazas para persoas con diversidade funcional.
Ademais, no interior, as obras realizadas contemplaron o pintado da barandilla de forxa e a renovación completa dos elementos de xogo, ampliando a zona e colocando un chan de caucho. Así, Gumersindo Galego explicou que entre os novos elementos dotouse o espazo dun columpio, tobogán, muelle e balancín. Na zona de barbacoa instaláronse catro novas mesas de madeira de picnic con bancos incorporados, papeleiras, unha fonte e revisouse a instalación eléctrica e o alumbrado público.