O Concello de Fene acondiciona o camiño de Piñeiro Manso, en Maniños
23-08-2019
O alcalde, Gumersindo Galego, sinala que a intervención, executada con cargo ao superávit municipal, precisou dun investimento de 21.866 euros
O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate das obras de acondicionamento do camiño de Piñeiro Manso, na parroquia de Maniños, tras un investimento municipal de 21.866,39 euros procedentes do superávit municipal.
Os traballos estendéronse ao longo de 342 metros dende a estrada AC-133 ata o cruce coa estrada da Ribeira, e contemplaron o rebacheo do vial, a súa pavimentación e sinalización.