O Concello remata as obras para cubrir a pista deportiva do CEIP Centieiras
10-09-2019
Os traballos supuxeron un investimento próximo aos 300.000 euros e complementaranse con outros 40.000 para acondicionar as gradas
O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate dos traballos realizados para cubrir a pista polideportiva do CEIP Centieiras, en Perlío.
Esta intervención contou cun orzamento próximo aos 300.000 euros e, segundo explicou o alcalde, completarase proximamente con outros 40.000 euros que se destinarán a acondicionar as gradas na contorna.
Estas actuacións fináncianse con cargo ao o remanente de tesourería e dáse así cumprimento a unha demanda da comunidade educativa, longamente reivindicada, xa que se dota ao centro dun espazo cuberto do que carecía para desenvolver as clases de ximnasia ou os recreos nos días de choiva. Estas instalacións estrearanse no novo curso escolar, que comeza esta semana