O plan municipal de rebacheos estendeuse ao longo de 35 pistas e camiños de Fene
12-09-2019
Destináronse 35.859,56 euros aos traballos con cargo ao orzamento
O Concello de Fene vén de rematar as actuacións previstas no plan de rebacheos realizado en diversas pistas e camiños das diferentes parroquias do municipio e que contemplou máis de 35 actuacións. Estas obras contaron cun orzamento de 35.859,56 euros.
En concreto, explica o alcalde, Gumersindo Galego, os traballos consistiron nun rebacheo de firme asfáltico. Actuouse en varias pistas do concello co obxectivo de acondicionalas, atendendo así ás demandas dos veciños ante o estado das mesmas.
Na parroquia de Fene realizáronse catro actuacións; seis en Barallobre; cinco en Magalofes; seis en Maniños; cinco en Perlío; dúas en Sillobre; e sete en Limodre, segundo as previsións deste plan de rebacheo.
En Fene actuouse sobre os camiños de San Paio e de Chamoso Alto, en Casa Vella e na subida a Lubián. En Barallobrerebacheáronse os camiños Loira Castro, Nogueirido Polígono a Cementerio, Romariz a Pomba, Souto Grande e Estrada de Romariz.
En Magalofes, os traballos afectaron a Fontenova, a entrada ao camiño das Picas pola CP3503, o tramo entre o camiño das Picas e Fontenova, e de Fontenova ao Redondo.
En Perlío, o plan de rebacheo chegou aos camiños de Mundín- Centieiras, dos Carballas e o de acceso ao campo de fútbol. Ademais, traballouse na estrada da Pía Municipal e en Matadora.
En Sillobre, actuouse na Costa das Agrochás e en Marraxón.
En Limodre, os traballos executáronse entre Campanario e Cornido e entre Campanario e Prismos. Tamén nos camiños do cementerio, O Forno-O Cotillón e o paralelo ao Polígono-Limodre. Rachabordos e O Castelo son as localizacións que completaron as actuacións nesta parroquia.
En Maniños, o plan de reparación de baches executouse nos camiños Piñeiro Manso, da Garita, Beiramar, Terreiro, na zona do campo de fútbol O Pote e en As Arangas.