O Concello de Fene pon en marcha este mes o obradoiro de emprego “Inicia IV”

O Concello de Fene pon en marcha este mes o obradoiro de emprego “Inicia IV”

Formará a 16 alumnos de 18 a 30 anos de Fene, Ares, Mugardos, Neda e Cabanas, que terán contrato para a formación e aprendizaxe os 6 meses

Hoxe é a selección dos alumnos traballadores e a vindeira semana terá lugar a do persoal directivo e docente que impartirá a formación Fene, 13 de setembro de 2019. O Concello de Fene porá en marcha este mes o obradoiro de emprego de Garantía Xuvenil “INICIA IV”. Faino en conxunto con Ares, Mugardos, Neda e Cabanas, pois esta iniciativa formará a 16 alumnos destes concellos (7 de Fene, 3 de Ares, 3 de Mugardos, 2 de Neda e 1 de Cabanas).

Hoxe mesmo terá lugar a selección dos alumnos traballadores participantes neste obradoiro de emprego de “Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido á mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas. Conta co apoio da Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.

A duración do proxecto é de seis meses e, durante o mesmo, os alumnos estarán contratados pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación e aprendizaxe, polo que recibirán as retribucións correspondentes.


A vindeira semana terá lugar o proceso de selección (a preselección faina a oficina de emprego) do persoal directivo e docente que impartirá a formación.