O Concello inicia o acondicionamento das gradas anexas á nova pista cuberta municipal de Centieiras e avanza a reforma da entrada

O Concello inicia o acondicionamento das gradas anexas á nova pista cuberta municipal de Centieiras e avanza a reforma da entrada

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, explica que aos 340.000 euros investidos sumaranse agora outros 17.000 para a nova intervención

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do inicio das obras de acondicionamento das gradas anexas á nova pista cuberta de Centieiras, en Perlío. Unha intervención orzamentada nuns 40.000 euros necesaria polo estado de deterioro das instalacións. Estase a proceder á súa limpeza, aplicación dunha capa de fibra e formigonado. Así mesmo, os seus laterais cubriranse con madeira para manter a estética da recén estreada cuberta instalada polo Concello. Cuberta na que se investiron outros 300.000 euros procedentes do superávit, e que deron resposta a unha demanda da comunidade educativa longamente reivindicada.


Así mesmo, Gumersindo Galego avanzaba que a actuación en curso completarase coa reforma e acondicionamento da entrada máis próxima ás gradas. Crearase un pasillo de formigón duns 4 metros de ancho e 20 de longo, así como unha zona axardinada. Obras ás que o Concello destinará uns 17.000 euros procedentes de fondos propios.