Sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e a Fundación Amigos de Galicia
01-10-2019
A Administración local destinará 7.000 euros para desenvolver accións de atención ás persoas en risco de exclusión social do municipio
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, asinou coa Fundación Amigos de Galicia un convenio de colaboración por importe de 7.000 euros. A través do mesmo, a entidade social levará a cabo accións de atención ás persoas en risco de exclusión social do municipio.
A entidade ten entre os seus principais fins cubrir as necesidades básicas das persoas máis desfavorecidas, ademais de procurar a integración social e laboral das mesmas, co fiel propósito de evitar a súa exclusión social.