O Concello amplía ata o luns 21 o prazo para que os locais de hostalería se apunten no XII Concurso de Tapas

O Concello amplía ata o luns 21 o prazo para que os locais de hostalería se apunten no XII Concurso de Tapas

O edil de Promoción Económica, Juan José Franco, anuncia a medida que se adopta a instancias da Asociación de Comercio e Hostalería O Cruceiro

O certame busca promover e dinamizar a actividade do sector, fomentando a especialización das tapas e consolidando o tapeo tradicional.

O Concello de Fene, a través da Concellería de Promoción Económica que dirixe Juan José Franco, vén de ampliar o prazo de inscrición para participar no XII Concurso de Tapas de Fene. Así, os establecementos de hostalería interesados poderán anotarse no Rexistro Xeral do Concello ata o luns 21 de outubro (incluído). Unha medida que Juan José Franco sinala se adoptou a petición da Asociación de Comercio e Hostalería O Cruceiro, institución que colabora no certame.


Con el, o Concello busca promover e dinamizar a actividade da hostalería, fomentando a especialización e a mellora da calidade das tapas así como consolidar o tapeo tradicional.


Así, o concurso desenvolverase a partir do 8 de novembro e, en función do número de establecementos participantes, estenderase ata o 17 de novembro (de contar cun mínimo de 10), o 24 de novembro (entre 11 e 15 inscritos) ou 1 de decembro (máis de 15). Desenvolverase os venres de 20 a 22 horas; sábados de 13 a 15 h e de 20 a 22 h e, os domingos, de 13 a 15 horas.


Así mesmo, haberá dúas categorías: tapa tradicional e tapa creativa, e os interesados que queiran recibir asesoramento para a elaboración da tapa, poden solicítalo antes de inscribirse.


As bases do certame poden consultarse na web municipal www.fene.gal, onde tamén se pode descargar a ficha de inscrición.