Conclúen os traballos de construción das novas beirarrúas na rúa Xunqueira

Conclúen os traballos de construción das novas beirarrúas na rúa Xunqueira

A intervención contemplou tamén a renovación do firme e máis a reurbanización da marxe esquerda da Avenida Marqués de Figueroa

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate das obras de construción de novas beirarrúas na rúa Xunqueira, con materiais táctiles nos percorridos dos pasos de peóns sobreelevados. A intervención levouse a cabo nun treito de 190 metros e tamén contemplou o acondicionamento do firme. Máis en concreto, a actuación estendeuse ao longo do tramo comprendido entre as rúas Peirao e Hortelá ata o cruce coa estrada AC133.


Xunto a estas obras, o Concello remataba hai unhas semanas os traballos de reurbanización da marxe esquerda da Avenida Marqués de Figueroa -construción de beirarrúas con baldosas de formigón e materiais táctiles no percorrido do paso de peóns, instalación de dous novos puntos de luz con tecnoloxía LED, colocación de alcorques e instalación dunha illa ecolóxica.


Así, en suma, Gumersindo Galego explicou que o Concello de Fene investiu nas actuacións 106.216,42 euros, que se financiaron con cargo ao POS+2018.