O alcalde asina convenios coas asociacións culturais, deportivas, veciñais e educativas por importe superior aos 47.000 euros
31-10-2019
O Concello de Fene busca deste xeito apoiar a magnífica e intensa actividade que desenvolven ao longo do ano
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e os representantes de entidades e asociacións do eido educativo, veciñal, cultural e deportivo do Concello de Fene rubricaron esta semana os convenios de colaboración correspondentes ás subvencións nominativas. Convenios que, no seu conxunto, suman 47.045,76 euros. Unha partida coa que o Concello busca apoiar o magnífico e intenso labor que desenvolven ao longo do ano.
Deste xeito, a relación de beneficiarios son os seguintes: ANPA Centieiras -2.000 euros- e ANPA Os Casais -1.000 euros- para contribuír ao mantemento e funcionamento dos respectivos comedores escolares; Os Centolos -8.000 euros- pola organización do FeneRock; AC Felicia -8.000 euros- pola organización do Felicia Pop Festival; Airiños de Fene -4.500 euros- pola organización da Xuntanza de Gaiteiros; A Vikingos Río Castro -4.000 euros- pola organización da Romaría Vikinga; ACRD O Pote -3.500 euros- pola organización da Romaría do Pote e a Festa da Ameixa; CMI Unidade Fene -2.500 euros- pola organización do premio Pérez Parallé; Escudería Scratch Fene -2.200 euros- pola organización do Slalom Fene; Agarimo de Sillobre -1.600 euros- pola organización do Encontro de Lavandeiras; as AVV de Magalofes, AVV de Limodre e ACRD Liga Amigos, cada entidade cunha achega de 1.000 euros, pola organización da Festa do Poldro, Festa da Orella e Romaría Camiñante, respectivamente. Así mesmo, o CPI A Xunqueira tamén se inclúe na lista con 3.809 euros para apoio á First Lego League e o IES Fene, con 3.036 euros para a realización de actividades de interese educativo.