En marcha as obras de mellora da rede de saneamento na rúa paralela a San Estevo

En marcha as obras de mellora da rede de saneamento na rúa paralela a San Estevo

O alcalde, Gumersindo Galego, sinala que a intervención conta cun orzamento cercano aos 48.000 euros, financiados con cargo ao superávit

O alcalde, Gumersindo Galego, informou de que o Concello de Fene está a levar a cabo obras de mellora da rede de saneamento na rúa paralela a San Estevo, en Perlío, cun investimento de 47.809,47 euros. A intervención, engadiu, arrancaba este mes cun prazo estimado de execución de 60 días, e financiarase con cargo ao superávit municipal.


O obxectivo da actuación é poñer fin aos verquidos de augas fecais ao río Cádavo detectados por Augas de Galicia. Unha situación que levou ao Concello a analizar o estado da rede xunto a Viaqua, empresa concesionaria dos servizos de subministro de auga potable e saneamento de augas residuais. Nesas inspeccións, constatouse o mal estado xeral do colector de evacuación de augas residuais, así como a existencia de varios aliviadoiros da rede de moi reducida cota de saída con vertedura directa ao río.


Para poñer remedio, as obras contemplan a reconstrucción do colector de saneamento e a reposición dos firmes de calzada e pavimentos de beirarrúas afectados pola apertura das gabias, así como traballos de sinalización.