O Concello de Fene abre o prazo de inscrición na xornada formativa para asociacións sobre a tramitación de subvencións online
25-11-2019
Celebrarase este venres de 17 a 19 horas na Aula de Informática municipal
A Aula de Informática do Concello de Fene acollerá este venres unha xornada formativa dirixida ás entidades do municipio sobre a tramitación de subvencións a través da plataforma Subtel. Será de cinco a sete da tarde, con participación gratuíta e previa inscrición no correo catic@fene.gal.
O Concello de Fene e a Deputación da Coruña, conscientes das dificultades no eido asociativo para dar cumprimento aos requisitos de tramitación de subvencións a través das plataformas electrónicas habilitadas, organizan esta xornada formativa como unha medida de impulso e achegamento ás novas tecnoloxías.
Impartirá a formación unha axente do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña.