O Concello presenta este mércores o proxecto de dinamización turística Fene Mar Vivo II

O Concello presenta este mércores o proxecto de dinamización turística Fene Mar Vivo II

Trátase dun proxecto vivo, polo que o edil anima ao tecido asociativo a achegar as súas propostas na xuntanza de mañá

O concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, informou esta mañá de que o Concello de Fene presentará este mércores, 27 de novembro, o proxecto “Fene Mar Vivo II”.

Será a partir das 20 horas no salón de plenos da casa consistorial, nun acto aberto á veciñanza e tecido asociativo que presidirá o alcalde, Gumersindo Galego. Precisamente, o edil sinala que se trata dun proxecto vivo, tamén na súa filosofía, polo que convida ás entidades e asociacións a achegar as súas propostas na xuntanza de mañá.


O edil explicou que recentemente a Consellería do Mar notificaba ao Concello de Fene a concesión dunha axuda para o programa ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo, financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Comunidade Autónoma.

Por último, Juan José Franco animou á veciñanza a tomar parte este mércores na iniciativa.